| Casa de e Martiño e Begoña |

Brión | 2006 | 2008

A vivenda actual é, dalgún xeito, prolongación da anterior: só un ano separa os dous traballos. Os clientes son distintos e sen relación inicial entre eles.

O presente proxecto configúrase por iso cunha evidente vontade de prolongar a imaxe exterior da precedente, nun intento por dar xeito e coherencia externa á imaxe pública conxunta. E a partires diso, no ámbito privado, a casa xa ten intención e personalidade propias.

Quizais isto sexa a característica principal do conxunto: a intención de definir un ámbito ou espacio público homoxéneo e coherente; unha relación de familiaridade ou, se se quere, de dependencia ou axuda mutua. Preto delas, o núcleo tradicional, ca súa presencia e as súas pautas, sinala o camiño. Estaría ben poder continualo.

A derradeira puntualización: a horta é parte do proxecto, sen ela, a casa estaría incompleta.

  • Arquitectos redactores
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares
  • Dirección da obra
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares, Santiago Rey
  • Director de execución
    Santiago Rey
  • Promotor
    Manuel Martín Rudiño Iglesias, MªBegoña Lorenzo Méndez
  • Arquitecto colaborador
    Santiago Rey
  • Estructuras
    Manuel Liñares
  • Instalacións
    Manuel Liñares e Miguel Raposo
  • Debuxo
    Santiago Rey, Sergio Alcalde
  • Fotografías
    Juan Rodríguez
  • Empresa constructora
    Construccións Mar