| Casa de Xaime e Mari |

Brión | 2005 | 2007

Unha premisa de partida por parte dos clientes, unha parella nova cun fillo: a vivenda debe contar con dous ámbitos independentes e autónomos.

A casa localízase no Concello de Brión, preto do núcleo de Pedrouzos. Neste contexto combínanse vellas e aínda vixentes construccións populares con outras novas ou recentes. O que nas primeiras é natural, convértese en forzado nas segundas; o que naquelas é integración devén prepotencia e alarde nas outras; a fluída relación co medio das primeiras da paso a un illamento autista nas segundas. En fin, nada novo, por outra parte.

A transición público-privado, unha teima permanente nos nosos traballos, resólvese sen peche: ca vivenda como definidora do límite, e cun espacio intermedio de transición presidido por un parladoiro de relación veciñal. Un corredor de servizos separa ás estancias do Norte. No resto, a casa ábrese ás vistas e á luz, e ás froiteiras, que xa se plantaron e que van medrando...

  • Arquitectos redactores
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares
  • Dirección da obra
    Alfonso Salgado, Francisco Liñares, Santiago Rey
  • Director de execución
    Santiago Rey
  • Arquitecto colaborador
    Santiago Rey
  • Estructuras
    Manuel Liñares
  • Instalacións
    Manuel Liñares, Miguel Raposo
  • Debuxo
    Santiago Rey, Sergio Alcalde
  • Iluminación
    ToKonoma
  • Fotografías
    Juan Rodríguez
  • Empresa constructora
    Construcciones Rey Lorenzo S. L.