| Casa de Xoan e Mariña |

Trasouteiro | Brión | 2011


A pendente da parcela guía o proxecto. A necesidade de adaptarse ao terreo e de limitar os movementos de terra, fai posible unha construción de trazo lonxitudinal que se adapta ás curvas de nivel. A vivenda, así proxectada, sitúase de costas ao vento Norte e ábrese ao Sur, cara ás estupendas vistas sobre o val. O programa, aínda que habitual, ten o seu aquel, pois complementa os servizos necesarios nunha vivenda con certas puntualizacións, flexibles ou versátiles: o corpo traseiro, semisoterrado, á maneira dun multiusos polifuncional; o estudio superior, co seu acceso directo á cuberta vexetal. Con todo, é a terraza do Sur, a solaina frontal, a que particulariza a imaxe da vivenda, co seu xeito de coser as distintas estancias –dormitorios, baños, estar, cociña-, nun todo unitario e permeable que suaviza os límites físicos da vivenda (dentro - fóra, interior - exterior), ao tempo que lle confire unha imaxe unitaria e coherente. E por suposto, a linguaxe de conxunto, que é contemporánea: e propiciará –supoñemos- un interesante diálogo cas construcións veciñas. Imos ver.