| Casa de María |

Salgado e Liñares Arquitectos
Nebra, Porto do Son | 2021

Na ría déitanse tarde

A casa de María é unha vivenda de vacacións, ou de fin de semana, ou de ocio se se quere, nun lugar marabilloso da ría de Noia, a carón da praia da Aguieira. Na familia de María son cinco: o seu home e tres fillos adolescentes.

O entorno presenta sorpresas, pero en xeral mantén a escala.

A veciña levanta unha vivenda ca que leva un ano de tortuosa construción. María alcanza á veciña en 72 horas…

O xiro do testeiro recolle exemplos tipolóxicos da zona, xesto habitual nas casas mariñeiras de ribeira, que se acomoda ben á parcela e as vistas..., o mar e o monte Louro ao fondo.

A sección, sinxela, é unha sucesión de baleiros en vertical. Baleiros que perfilan cheos, que colgan da escaleira central, que en realidade son dúas.

A xunta seca de elementos prefabricados preside o proceso construtivo, para pasmo da veciña, ca que María lévase ben.

  • Arquitectos redactores
    Francisco Liñares + Alfonso Salgado
  • Promotores
    María López Docampo
    Agustín Pía Morandeira