| Conxunto turístico de Albeida |

Salgado e Liñares Arquitectos
Serra de Outes | 2018-2019

Recibimos o encargo dunha intervención hoteleira singular no lugar de Albeida, fermoso principio da ría de Muros e Noia, consistente na rehabilitación de tres edificacións tradicionais que había que completar con nove aloxamentos a resolver ó carón daquelas, nun espazo xa humanizado con valos tradicionais e un hórreo, pero que fora colonizado por gran cantidade de caducifolias.

A potente historia das edificacións tradicionais, que foran ata ese día residencia e estudo de gravación dun músico que escribiu das liñas máis importantes da historia contemporánea da música galega, así como a premisa de conservar a vexetación e todos e cada un dos elementos tradicionais construídos para incorporalos ó proxecto, determinaron a forma e a implantación a catro niveis de detalle.

A nivel global, realizase unha primeira aproximación á parcela dende a súa sección, conseguindo unhas primeiras manchas, buscando a intimidade de cada edificación sen renunciar a una sorprendente perspectiva, entre las ramas das árbores, da desembocadura do Río Tambre, os montes do Barbanza, a vila de Noia e, en resumo, o nacemento da ría Muros e Noia.

Nun segundo nivel, defínense formalmente as diferentes edificacións tentando de amasar á evolución caprichosa das diferentes especies vexetais co racional das edificacións tradicionais existentes, conscientes da súa orixe, o seu presente y o seu futuro.

Nun terceiro nivel, defínense os apoios sobre os que soportar as lixeiras estruturas de madeira sen danar as raíces das árbores entre as que se integran. Defínense tamén as alturas das diferentes edificacións e os accesos, buscando integrar as diferentes construcións existentes borrando a liña entre edificacións, preexistencias, natural e artificial.

Nun cuarto nivel defínense construtivamente as novas edificacións e as rehabilitacións cunha sonora concatenación de celosías de madeira coas que se resolve dende a estrutura ata o mobiliario, en honra das arpas mais famosas do mundo que, durante moitos anos encheron de harmonía aquel lugar tan fermoso. Toda a intervención responde a este orde musical a través dun elaborado sistema construtivo en madeira que determina acabados e proporcions.

Música, pasado, presente e xa se verá.