| Monte Aloia |

2018

Rehabilitación e ampliación de centro de actividades de montaña con aloxamentos

A literalidade do encargo demandaba un equipamento específico para actividades de turismo sostible no entorno do Parque Natural do Monte Aloia.

O proxecto tíñase que estruturar normativamente por dous camiños, complementarios pero diverxentes:

a| Rehabilitación das deficientes construcións “tradicionais” xa presentes na parcela.
b| Ampliación do preexistente ca incorporación de tres novas cabanas.

En resumo, o proxecto demandaba o seguinte programa:

Un edificio de recepción, un albergue turístico e un edificio administrativo, a dispoñer nas construcións rehabilitadas.

Tres apartamentos turísticos “tipo estudio”, a situar nas novas construcións.

É dicir, dous camiños que podían, ben diverxer, ben complementarse. O sistema construtivo das preexistencias non era quen de dar resposta as demandas plantexadas. A nula calidade do construído, o deficiente estado, exixía outro camiño... Estaba en xogo a calidade do programada e a súa integración nun entorno sensible. A literalidade da norma debía dar paso a reflexión e ao matiz..., abandonar en definitiva o trazo groso. Optamos pola intelixencia:

Reconstrución dos volumes existentes con elementos prefabricados de formigón e madeira de piñeiro. Unha pel continua da mesma madeira establece o diálogo formal cas tres cabanas. Un conxunto homoxéneo que prima a calidade construtiva e a escala... A fin de contas, un correcto proceso de integración, que conserva a forma pero privilexia a linguaxe. Formas de facer, formas de construír, formas de integrar. Arquitectura.

Hai quen non o comprende.