| Vainnilla & Chocolate |

Tenda en Bertamiráns | 2011 | 2012

A tenda de roupa sitúase en Bertamiráns, no baixo dun edificio de vivendas.

O acceso, limitado polo almacén, faise a través dun espazo de menor altura. Ó fondo sitúanse os probadores e un pequeno aseo para uso do persoal.

Unha franxa central de táboas de pino organiza o espazo. Prégase para formar o plano da mesa e os expositores centrais. O formigón pulido será o material escollido para o resto do chan. Suspendidos do teito, uns tubulares de aceiro galvanizado percorren a distintas alturas a tenda, permitindo colgar as prendas de largos diferentes.

A fachada, rasgada por ocos verticais, tamén é de madeira de pino. No interior, unhas costelas de aceiro galvanizado forman unha estantería na que as baldas e as barras poden colocarse a diferentes alturas en función do que se queira expoñer. O escaparate forma parte desta estantería.