| Recuperación do Campus Sur |

Salgado e Liñares Arquitectos
Santiago de Compostela | 2023-2024

CASE NADA
Recuperación do Campus Sur para o cidadán.
Completando a alfombra do millón de metros

A intervención no Campus Sur limítase ao ámbito central da Residencia de estudantes, e céntrase prioritariamente nestes tres aspectos:

1. Recuperar o ámbito para o peón: suprímese a plataforma central de formigón, de tráfico rodado; substitúese por unha pradeira vexetal que cose as dúas marxes simétricas do eixo central.

2. Procurar unha plataforma compartida na avenida da Coruña que acentúe a relación ca alameda e, por extensión, axude a completar a Alfombra do millón de metros; proposta ca que gañamos o concurso e que reparaba na seguinte virtude: o conxunto formado pola améndoa, alameda e campus sur suma un millón de metros cadrados que facilmente deben converterse na alfombra peonil do millón de metros.

3. Reinterpretar a baldosa de garbancillo propia do campus, alterada co tempo cando non substituída; ata o punto de que este espazo merecidamente protexido é hoxe un mostrario de pavimentos inconexos...

A nosa proposta reinterpreta a antiga baldosa: un pavimento continuo de formigón lavado e árido de garbancillo que será quen non só de dialogar ca antiga baldosa se non de prolongar a súa memoria homoxénea ao resto do marabilloso campus.

Estes tres puntos principais complétanse ca substitución ou reforzo dalgún servizo.

E a intención dos autores a facer isto con CASE NADA…

  • Arquitectos redactores
    Francisco Liñares + Alfonso Salgado
  • Promotor
    Concello de Santiago de Compostela
  • Contratista
    Eulogio Viñal obras y construcciones, S.A.
  • Fotografía
    Denis Estévez
    Alfonso Salgado