| As sete vidas da Casa Vella |
Salgado e Liñares Arquitectos
Negreira | 2022
Era común no rural, cando unha casa deixaba de cubrir as necesidades dunha familia, abandonala para ocupar unha nova nun lugar próximo. A primeira vivenda pasaba a chamarse entón a casa vella.
Esto foi o que pasou cando Maribel e Julio, pais da actual dona, construíron na mesma parcela unha nova vivenda nos anos 90.
Un par de décadas antes, Filomena e Ramón "O Cuadrado", reformaran a casa, aumentando a súa altura lixeiramente. Empregaron o formigón sobre os muros de pedra, mais cunha lóxica construtiva propia da madeira: os forxados de viguetas e bovedillas prefabricadas póusanse sobre unhas vigas de canto de formigón in situ sen conectarse a elas.
Este é o estado no que chega ós nosos días e que optamos por conservar e respectar na medida do posible, intervindo do modo seguinte:
— Baleirado da zona da escaleira e reaxustes pequenos nos espazos interiores.
— Renovación da cuberta.
— Mellora da envolvente cun sistema continuo de illamento permite regularizar os muros e novas carpintería.
— Mellora das instalacións.
Non sabemos cal será o futuro da casa vella pois a normativa urbanística actual permite chegar ó pé do lugar de Campos sen gradiente de escala, con edificios de máis de 3 alturas. Polo vento oeste o polígono industrial e os equipamentos deportivos da vila de Negreira. E no medio o lugar de Campos e as súas casas…
- Arquitecta redactora
Carla Agra García - Colaboran
Alfonso Salgado
Francisco Liñares - Promotores
Carla Agra García
Javier Barbeira San Martín